Enredando

Etiquetas:
29/06/2025

O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa Enredando no verán, unha proposta educativa e lúdica que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto, con actividades pensadas para as crianzas e a mocidade.

A iniciativa terá lugar en diferentes ubicacións, e inclúe clases, obradoiros e dinámicas que combinan aprendizaxe, emocións, expresión artística e benestar.

As actividades estarán repartidas por franxas de idade e ofreceranse de luns a venres, incluíndo: clases de debuxo e teatro os xoves pola mañá, para crianzas de entre 3 e 12 anos (comeza o 17 de xullo); talleres de emocións con Tila e Vilma, os martes (adaptados a distintos grupos de idade); sesións de lingua de signos, tamén con Tila e Vilma, os venres; clases de ioga, todos os martes e mércores, enfocadas ao benestar...

leer más