Fin de Verán

Etiquetas:
21/08/2025

O Concello de Burela presentou a súa tradicional Festa Fin de Verán, unha programación lúdica que se celebrará na Praza do Concello entre os días 23 e 26 de agosto. A iniciativa incluirá inchables e atraccións acuáticas, dirixidas ao público infantil e xuvenil con acceso gratuíto.

As actividades comezarán o sábado 23 de agosto, en horario de 16:00 a 19:30 horas. Os días 24, 25 e 26 de agosto a programación ampliarase con sesións de mañá e tarde, que terán lugar de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

O Concello de Burela explica que o obxectivo do evento é “ofrecer un espazo de ocio familiar e pechar a tempada estival cunha proposta aberta a toda a veciñanza e visitantes”.