CIT A Pontenova
O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova organiza un percorrido pola ruta do antigo tren mineiro no concello de Ribadeo para este sábado, día 22 de novembro.
A actividade comezará ás 9:45 horas coa concentración dos participantes no Cargadeiro (Ribadeo), onde se repartirán as mochilas conmemorativas con auga e un petisco. A organización explica que “cada participante organizará pola súa conta o desprazamento ata o Cargadeiro de Porto Estreito (Ribadeo)”.
Ás 10:00 horas comezará o percorrido interpretativo seguindo o trazado do tren, que rematará ás 14:00 horas. A distancia é de 5,6 quilómetros e trátase dunha ruta con dificultade baixa.
A organización anuncia que “esta actividade está limitada a 25 participantes, por rigorosa orde de inscrición. Para inscribirse deberase...
leer másO Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova organiza unha ruta polo percorrido do antigo tren mineiro no municipio de Ribadeo este domingo, día 28 de setembro.
“O vindeiro 28 de setembro temos unha cita coa historia e a natureza, coa ruta interpretativa do tren mineiro da S.M.V por Ribadeo. Un percorrido único para descubrir o trazado do antigo ferrocarril mineiro”, anuncia a organización.
A actividade comezará ás 09:00 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, da Pontenova, onde se fará o reparto das mochilas conmemorativas con auga e un petisco. Ás 09:15 horas será a saída do autobús cara ó cargadoiro de Porto estreito (Ribadeo). Ás 10:00 comezará o percorrido interpretativo seguindo o trazado do tren. E ás 14:30 horas rematará a actividade cunha comida na cafetería da Casa de...
leer más




