Solarpunk

21/10/2025

O grupo amarinha.gal anuncia que o venres 31 de outubro ás 7 da tarde a Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo (rúa Antonio Otero, 19) acollerá o evento titulado Soberanía Dixital VIII: Solarpunk. Taller de futuros optimistas; unha actividade pensada “para achegar ó público en xeral a un raio de esperanza contestatario fronte á cada vez máis abafante apropiación da rede por compañías privadas e poderes institucionais”.

A organización explica tamén que “a actividade consistirá nunha presentación, exemplos, reparto de fanzine e máis, incluído un coloquio no que participará toda persoa interesada. Esta é a oitava actividade do ciclo que se está a desenvolver ó longo de 2025, impulsado polo grupo amarinha.gal, nos locais da Biblioteca El Viejo Pancho, solicitados e concedidos polo Concello para sucesivas presentacións...

leer más