Avelaíña Teatro
Avelaíña Teatro representará na Casa da Cultura de Burela este venres, día 31 de outubro, a súa obra A Lola, ambientada no franquismo de mediados dos anos 60.
A representación está recomendada para un público maior de 14 anos. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura, con entrada de balde e libre ata completar aforo.
O Concello de Burela explica que “o texto de Manuel Ayán reivindica as historias das mulleres que sobreviviron aos seus maridos asasinados polo terror franquista, e trata tamén os feitos da II República, a guerra civil e a posguerra. Na obra recréanse o ambiente, os ideais e a confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade, a dos valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas e a do proxecto constitucional-republicano de progreso e liberdade”.
O...
leer más



