Vilarbetote

12/11/2025

Vilarbetote, no municipio de Trabada, celebra a festa na honra a San Briz este sábado, día 15 de novembro.

O Concello de Trabada anuncia que “a festa de San Briz incluirá ás 13:00 horas a tradicional misa solemne, seguida da sesión vermú ás 13:30 e da verbena a partir das 22:00 horas, amenizada polo Dúo EPO-K. A xornada desenvolverase baixo carpa para garantir o bo ambiente independentemente do tempo”.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca “o traballo das asociacións, clubs e comisións de festas, que fan posible manter viva a nosa tradición e dinamizar o territorio cun calendario cheo de vida e participación veciñal”. O rexedor subliña tamén “a importancia da colaboración municipal para apoiar este tipo de eventos, que contribúen a fortalecer o tecido social e económico das parroquias”.