concerto coral
19/11/2025
O Obradoiro de Canto Coral do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro ofrecerá un concerto de Santa Icía na Igrexa das Concepcionistas, na cidade do Landro, este xoves, día 20 de novembro, ás 20:00 horas.
O Concello de Viveiro anuncia que o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro “celebra a súa tradicional homenaxe á patroa da música cun fermoso concerto do Obradoiro de Canto Coral, con voces graves a cappella. De soidades e lembranzas, un percorrido musical e poético por autores como Rosalía de Castro, Xela Arias, Pablo Neruda, Javier Busto, Julio Domínguez ou Octavio Vázquez. Unha cita imperdible coa música e a emoción!”.



