Talía Teatro
A compañía Talía Teatro representará en Viveiro a obra titulada Un deus salvaxe. Será este sábado, día 29 de novembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
Esta obra é unha comedia para público adulto, cunha duración de 70 minutos. Está dirixida por Artur Trillo e do elenco artístico forman parte María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais.
A sinopse é a seguinte: “dous matrimonios, adultos e civilizados, atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver. Con este sinxelo argumento Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e disecciona, con moito sentido do humor, as relacións de parella, a educación, a competitividade …, pero, sobre todo...
leer más



