Festa do Comercio

03/12/2025

A XV Festa do Comercio, que organiza Acisa Ribadeo, terá lugar o 10 de xaneiro nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro ás 20:30 horas. Trátase dunha edición especial, a decimo quinta, a campaña que máis anos cumpre realizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anuncia que “con esta décimo quinta edición da Festa do Comercio queremos poñer o broche de ouro a un ano excepcional para Acisa Ribadeo e ademais conmemorar precisamente a celebración dos 15 anos da campaña mais antiga de Acisa e de maior éxito, consolidada xa como un referente na nosa contorna. De aí que pensásemos en mandar a unha parella a Menorca a pasar uns días, para pechar o circulo, daquelas primeiras directivas que xa sorteaban viaxes hai 36 anos, cando a asociación botaba a andar”....

leer más