Papanoelada

Etiquetas:
19/12/2025

O Concello de Ribadeo anuncia que este domingo, día 21 de decembro, as rúas do concello “volverán encherse de ilusión coa tradicional Papanoelada en moto, que sairá ás 17:30 horas do Cantón dos Moreno. O percorrido incluirá unha visita a Rinlo e, posteriormente, darase un paseo polas rúas de Ribadeo. Un plan perfecto para vivir a maxia do Nadal con ritmo e alegría! E ao finalizar haberá chocolatada para compartir o mellor sabor do Nadal”.

É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo.