dependencia
O Foro Social da Mariña organiza unha charla coloquio titulada Dependencia e Discapacidade: Problemas e propostas. Celebrarase este venres, 6 de marzo, ás 20 horas na sala de conferencias da antiga biblioteca de Burela e terá como ponente a Francisco L. Vázquez Vizoso, epidemiólogo e médico especialista en medicina preventiva, ex xefe do servizo de medicina preventiva do complexo hospitalario de Pontevedra e membro do grupo promotor da Asociación Galega en Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade (ASGADeD).
“Lonxe da visión actual da Xunta de Galicia, a análise dos datos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia en Galicia (SAAD), amosa para unha redución das prestacións de servizos esenciais, como os servizos de atención no fogar (SAF), os servizos de centros de día (SCD), ou os dos servizos de...
leer más



