As palabras perdidas

08/03/2026

A compañía Inventi Teatro representará en Viveiro a obra titulada As palabras perdidas. Será o día 14 de marzo, sábado, ás 18:00 horas, no Teatro Pastor Díaz.

É unha comedia para público infantil, a partir de 4 anos, escrita e dirixida por  Bea Campos, que tamén forma o elenco artístico xunto a Marcos Alonso.

A sinopse é a seguinte: “A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes, palabras como ganapán, vagalume ou verme. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. As palabras perdidas é un...

leer más