Comida do Maior

25/03/2026

O Concello de Viveiro celebrará o sábado 18 de abril a Comida do Maior, “unha cita pensada para compartir mesa, lembranzas e convivencia nun ambiente festivo. Terá lugar no Val do Naseiro. O Goberno de Mariña Gueimunde insta á veciñanza a participar na iniciativa”. E explica que “a xornada está concibida como un espazo de encontro para reforzar lazos e vivir un día especial arredor dunha comida pensada para xuntar á veciñanza e ás súas familias. O menú estará composto por callos como primeiro prato e costela de porco asada ao estilo da avoa Adelina como segundo, con viño branco e tinto da casa, cervexa, refrescos e auga, ademais de tarta xeada e café de sobremesa. A cita contará tamén con música, baile e ambiente festivo, nun formato pensado para que os asistentes poidan gozar dunha xornada completa de celebración e compañía nun dos espazos máis representativos do...

leer más