taxi

Etiquetas:
07/05/2026

Ribadeo conta co primeiro taxi eléctrico da Mariña. José Fernández García, taxista desde hai quince anos neste concello, decidiu cambiar de coche “debido ao prezo desorbitado que está a ter o diésel. Despois de traballar con tres vehículos de gasóleo levo xa máis dun mes co eléctrico e o balance económico é moi positivo”.

Para José Fernández “o bo disto é poder cargar o taxi na casa. Eu dispoño dun cargador. Conto poder obter unha subvención de 8.500 euros en total da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado, xa que están a apostar por este tipo de transporte”.

O taxista ribadense avoga “pola instalación dun cargador eléctrico na parada de taxis de Ribadeo. Estaría moi ben que desde o Concello se realizasen os trámites para poder contar con este sistema, que facilitaría que máis compañeiros puidesen optar por este...

leer más