miniburguers
Viveiro acollerá o venres 29 e sábado 30 de maio o 1º Concurso de Miniburguers, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes do Centro Histórico co obxectivo de “dinamizar a actividade comercial e hostaleira da vila, ofrecendo ao mesmo tempo unha experiencia culinaria diferente e atractiva”.
Nesta edición participarán 7 locais, que elaborarán diferentes miniburguers. Os participantes e as súas propostas son: Muro Restaurante, con Miniburguer de Pulled Pork; Vinoteca Los Leones, coa súa Miniburguer Los Leones, que ten como ingredientes principais carne de porco celta, rulo de cabra e cebola caramelizada; Cornelius presenta a súa CorneBurguer, unha combinación de carne de tenreira, papada, chutney de mango e cebola crocante; La Tortilla Maravilla, coa súa TortiBurguer, coa tortilla de patacas con cebola como gran protagonista;...
leer más



