Antonio Mingote
Cervo acollerá do 4 de xuño ao 10 de xullo unha exposición sobre o humorista gráfico Antonio Mingote
O concello de Cervo acollerá do 4 de xuño ao 10 de xullo a exposición titulada Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote, da man de ABANCA e Afundación.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, participou na sinatura do convenio na Casa do Concello, xunto ao coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Carlos Teijeiro Pita, e á coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano, “para facer posible a chegada desta destacada mostra ao municipio”.
Grazas á colaboración entre o Concello de Cervo, ABANCA e Afundación, a veciñanza poderá desfrutar desta proposta cultural na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Cervo do 4 de xuño ao 10 de xullo. A inauguración oficial da exposición terá lugar o mércores 4 de xuño ás 11:00 horas na Casa da Cultura.
... leer más



