eclipse solar
O Concello de Trabada entrega gafas aos participantes dos campamentos municipais para seguir a eclipse do próximo 12 de agosto
O alcalde de Trabada, Rubén García, e a concelleira Pilar Fernández fixeron entrega este venres de gafas homologadas para a observación solar aos nenos e nenas do Campamento de Verán e aos mozos e mozas do Campamento Xuvenil.
Esta iniciativa foi posible grazas á colaboración da Deputación de Lugo, que facilitou ao Concello un lote de gafas de protección “para que os participantes poidan observar con total seguridade a eclipse solar previsto para o vindeiro 12 de agosto”.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou: “queremos que os máis novos poidan vivir este acontecemento dunha forma segura e tamén educativa, achegándoos a un fenómeno astronómico de gran...
leer más



