Daniel Chao
20/07/2026
O Concello de Foz anuncia que o Cenima acolle unha exposición que “reúne unha espectacular colección de maquetas elaboradas por Daniel Chao, unha mostra na que cada peza agocha horas de traballo, precisión e unha enorme dose de creatividade. O público pode achegarse ao Cenima para descubrir unha proposta única, chea de detalles e capaz de sorprender tanto ás persoas adultas como ás máis pequenas. A exposición permanecerá aberta ata o 30 de xullo, unha oportunidade para coñecer de preto o talento de Daniel Chao e gozar dunha viaxe polo mundo das maquetas”.
Esta mostra pode visitarse neste horario: de martes a sábado, de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 horas; domingos e festivos, de 11:00 a 13:00 horas.



