Mekanika Rolling Band
O deputado provincial Daniel García mantivo este xoves, 3 de setembro, un encontro coa Comisión de Festas de Ribadeo, festexos que comezan esta fin de semana os días grandes e que contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que anuncia: “a Mekanika Rolling Band percorrerá o luns 7 de setembro as rúas de Ribadeo, ampliando a oferta musical das festas. A actuación forma parte da programación que a área de Cultura desprega na provincia en colaboración co tecido asociativo, e que suma preto de 350 actuacións musicais, espectáculos escénicos, obradoiros e proxeccións audiovisuais nos distintos concellos da provincia no que vai de ano”.
Daniel García aproveitou o encontro para remarcar “a importancia da iniciativa e o traballo colectivo na celebración de festas e eventos populares, que son punto de encontro interxeracional e que...
leer más



