![Volve en Ribadeo o ciclo Músicas Posíbeis. Este sábado, 4 de abril, haberá concerto do guitarrista Jorge Giuliano.](https://www.faroocionorte.com/sites/default/files/styles/juicebox_medium/public/field/image/concertoguitarra2.jpg?itok=2nqwtb2w)
Segundo informan desde a Concellaría de Cultura “o que fora guitarrista acompañante de Mercedes Sosa durante os seis últimos anos de vida artística, Jorge Giuliano, presentará en Ribadeo o seu traballo La suerte mía”. Será o sábado, 4 de abril, a partir das 20:30 horas no Cine Teatro. O prezo da entrada é de 3 euros.