A Aula CeMIT de Burela impartirá tres novos cursos durante o presente mes de maio. Comezarán os días 5, 6 e 9.

A Aula CeMIT de Burela impartirá tres novos cursos durante o presente mes de maio. Comezarán os días 5, 6 e 9.
 
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela impartirá 3 cursos nos vindeiros días.
 
Mañá, 5 de maio, iniciarase o curso Elaboración de presentacións (Nivel Medio), dirixido a persoas con coñecementos básicos en informática. Neste curso amosarase a crear presentacións de diapositivas mesturando texto, imaxes, formas e sons. O programa que se empregará para esta fin será o Impress, incluído no paquete ofimático LibreOffice. O curso contará cunha duración de 15 horas e impartirase de luns a xoves de 16:00 a 17:30 horas. Rematará o día 24 deste mes.
 
O segundo curso comezará o venres, 6 de maio, e finalizará o día 18, trátase da actividade de formación Correo electrónico: Gmail. Está dirixida a persoas con coñecementos básicos de internet e nela amosarase a crear unha conta de correo electrónico coa que poder enviar e recibir mensaxes doutras persoas. O curso impartirase ao longo de 12 horas de luns a venres de 10:30 a 12:00 horas.
 
Por último, o vindeiro luns, 9 de maio, dará comezo un curso de Procesador de Textos, tamén dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática. Con esta actividade amosarase a crear todo tipo de documentos de texto a través do programa libre Writer, incluído no paquete ofimático LibreOffice. Dita actividade desenvolverase de luns a xoves de 18:30 a 20:00 horas. Finalizará o día 23 e súa duración será de 12 horas.
 
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre estes cursos as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.es