A Casa da Cultura de Ourol acollerá un curso sobre o galego o 8 de xuño. Está organizado polo grupo informal de mozos e mozas Ourelo.

A Casa da Cultura de Ourol acollerá un curso sobre o galego o 8 de xuño. Está organizado polo grupo informal de mozos e mozas Ourelo.
 
O grupo Ourelo de Ourol organiza para o 8 de xuño un obradoiro titulado "Cal é o galego de verdade?".
 
Nesta actividade que terá lugar o 8 de xuño de 11:00 a 12:30 horas na Casa da Cultura de Ourol, os asistentes participarán de forma activa neste traballo sobre o galego. Falarán da riqueza dialectal da súa evolución, da utilidade, e farán unha árbore do galego coas verbas que se usan diariamente e con aquelas que se usaban pero agora non.
 
Este obradoiro será impartido por Lorena Piñón López de Bravos e estará apoiado polo resto de membros do grupo. O destinatario é o público en xeral. Organiza o grupo informal de mozos e mozas Ourelo e colabora o Concello de Ourol.