A Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 30 de setembro unha exposición de fotos sobre a India, feitas por un mozo dese país.

A Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 30 de setembro unha exposición de fotos sobre a India, feitas por un mozo dese país.
 
A Casa de Cultura de San Ciprián acolle ata o día 30 deste mes unha exposición de fotografías sobre India feitas por un mozo dese país: Totan KUndu, de 26 anos de idade e orixinario de Bengala. Á inauguración da mostra, titulada La India desde dentro, asistiron as concelleiras de Cultura, Dolores García Caramés; de Servizos Sociais, Pilar Armada Carrete; e de Medio Ambiente, Manuela Méndez Álvarez. A exposición pode visitarse de luns a venres de 8 a 15 horas e de 17 a 20 horas.
A concelleira de Cultura explicou que esta exposición fotográfica “leva ao visitante de viaxe á India, está ambientada con música dese país e as fotografías mostran, aparte da historia que poida ter cada unha, a visión desa cultura dende o ollo fotográfico do artista Totan, a quen agradecemos que escollera o concello de Cervo para expoñer a súa arte xa que dende o Concello queremos promover a cultura a través de todas a s súas expresións”.
Dolores García rematou animando “á xente a que se achegue a ver esta exposición e que goce dela”.