A Concellaría de Igualdade de Ribadeo organiza un taller de harmonización corporal para mulleres en marzo e abril. A inscrición ábrese hoxe.

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo organiza un taller de harmonización corporal para mulleres en marzo e abril. A inscrición ábrese hoxe.
 
A Concellaría de Igualdade organiza un taller de harmonización corporal para mulleres, que se desenvolverá durante os meses de marzo e de abril na sala Sonda Norte da Casa da Xuventude. As prazas son limitadas. A inscrición ábrese hoxe no CIM. A actividade está dirixida a todas as mulleres que sufran algún tipo de dor: de espalda, de cuello, de ombros; a aquelas que padezan fibromialxia, incontinencia urinaria de orixe muscular e ás que desenvolvan unha vida sedentaria ou con actividades profesionais que conleven unha mala hixiene postural. 
Segundo explica a edil Mariluz Álvarez Lastra “o taller será impartido pola fisioterapeuta colexiada e experta en cadeas musculares e ximnasia abdominal hipopresiva Sandra Saavedra Blanco. O taller de columna consta dun total de  8 sesións de  50 minutos cada a unha.  Nestas sesións traballarase a corrección postural de cabeza, ombros e pelve, que xunto coa eliminación de barreiras articulares e posturales contribúe a unha boa hixiene da columna”.
A concelleira nacionalista indicou que “esta actividade vai dirixida a todas as mulleres que sufran algún tipo de dor: de espalda, cuello, ombros… Aínda que os grupos de poboación que máis se benefician deste tipo específico de taller son: persoas con fibromialxia, persoas con incontinencia urinaria de orixe muscular, persoas sedentarias ou con actividades profesionais que conleven unha mala hixiene postural. Tamén está indicado para mulleres no postparto (a partir da semana 12) ou para persoas diagnosticadas de calquera tipo de dexeneración discal”.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nestes talleres poden coñecer de primeira man os beneficios desta actividade na sesión demostrativa e gratuíta que terá lugar o 20 de febreiro na Sala Sonda Norte da Casa da Xuventude de Ribadeo. Haberá dúas sesión gratuítas unha en horario de mañá, ás 10:30 horas e outra pola tarde, ás 18:00 horas. Recomendase acudir con roupa cómoda e calcetíns antideslizantes.
O prazo de pre inscrición para estes talleres dependentes do Centro de Información a Muller do Concello de Ribadeo, estará aberto dende o hoxe, 10 de febreiro. As prazas son limitadas a un máximo de 12 alumnas por grupo, polo que se procederá á matricula por rigoroso orde de pre inscrición. Haberá dous grupos con dous horarios distintos: os martes de 18.00 a 19:00 horas e os venres de 10.30 a 11.30 horas. O taller de harmonización corporal dará comezo para un dos grupos o 3 de marzo e para o outro o 6 de marzo. 
As interesadas poden recibir máis información sobre o taller ou facer os seus trámites de matrícula nas oficinas do CIM de Ribadeo, situadas  no  Auditorio Hernán Naval, rúa Buenos Aires, 14, e nos seguintes números de teléfono 982 120 739 e 982 120 808.