A Concellería de Turismo de Ribadeo pon en marcha o programa de fomento da natureza, ECONADAL 2014, cunha visita guiada ás Catedrais o 27 de decembro.

A Concellería de Turismo de Ribadeo pon en marcha o programa de fomento da natureza, ECONADAL 2014, cunha visita guiada ás Catedrais o 27 de decembro.

 

A Concellaría de Turismo e Desenvolvemento Local organiza para a última semana deste mes de decembro un programa de fomento da natureza baixo o nome Econadal. A actividade permitirá gozar dos espazos naturais máis valiosos de Ribadeo, en dúas xornadas distintas. A primeira levarase a cabo o 27 de decembro e consistirá nunha ruta guiada e interpretada polas unidades ambientais do ZEC de As Catedrais na súa parte máis descoñecida e coas súas especies máis emblemáticas. A ruta levará o nome de Os segredos das Catedrais e partirá ás 11:34 horas da estación de Feve ribadense, para logo chegar a Rinlo e comezar a andaina en dirección a Ribadeo. A duración estimada será de tres horas.

Ao día seguinte, o 28 de decembro, realizarase a segunda xornada consistente nunha prospección biolóxica intensiva dos dous hotspot ornitolóxicos ribadenses: a ría de Ribadeo e As Catedrais. Esta actividade denominada BioBlitz de inverno ría de Ribadeo- As Catedrais permitirá rastrexar mamíferos e flora característica do lugar e partirá ás 10 da mañá da estación de autobuses da vila, lugar onde os participantes collerán un microbús para facer a ruta. Ambas actividades están dirixida a todos os públicos, son de balde e teñen prazas limitadas. Os interesados poden solicitar máis información ou facer a súa reserva acudindo á Oficina de Turismo de Ribadeo, ou chamando ao teléfono 982 128 689.

Ana Martínez Fernández, concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local de Ribadeo, explicou que "este ano dende a nosa Concellería propoñémosvos gozar destas datas dunha maneira diferente, alternativa e respectuosa, co fin de fomentar o amor pola natureza a través do noso programa Econadal decembro 2014. Trátase dunha serie de actividades encamiñadas a privilexiar a sostibilidade, a preservación e a apreciación e interpretación do medio que nos rodea. Por iso animámosvos a participar nestas actividades dirixidas a afondar no coñecemento dos nosos espazos naturais bandeira".