A oitava carreira popular de Foz celebrarase o día 14 de agosto. Na presentación participou o alcalde, Javier Castiñeira.

A oitava carreira popular de Foz celebrarase o día 14 de agosto. Na presentación participou o alcalde, Javier Castiñeira.
 
A oitava edición da carreira popular de Foz celebrarase o día 14 deste mes, domingo. Na presentación deste evento deportivo participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, xunto cos organizadores, do colectivo Run Foz Run.
 
O responsable da organización, Manuel Eiras, explicou que “é unha iniciativa que xurde da idea de que en Foz e no resto da Mariña hai moita xente á que lle gusta o atletismo. É un evento que parte das bases do deporte e da vida saudable e que todo o mundo, desde o máis pequeno ata o máis maior, poida participar correndo neste tipo de probas deportivas”.
 
Manuel Eiras engadiu que “a carreira está organizada para o día 14 de agosto e as inscricións vía web están abertas ata o 10 deste mes. O dorsais pódense recoller o día 13 a partir das cinco da tarde ata as oito e o mesmo día da carreira, o 14, ata as 10 da maña, que será cando empecen as carreiras. A categoría pícaros é para menores de 8 anos, teñen unha distancia de 150 metros polo colexio Martínez Otero, que é desde onde se fará a saída ás 10 da mañá; despois virá a categoría benxamín, para nenos de 8 e 9 anos, que recorren unha distancia de 800 metros por un circuíto urbano que pasa polo porto de Foz, no que se ve o peirao e as orixes do pobo focense; ás dez e media saíran os de categoría alevín, que son de 10 e 11 anos e recorren unha distancia de 1.000 metros por un circuíto similar aos dos benxamíns; despois virán infantil e cadete, que son rapaces de 12 e 13 anos e 14 e 15, e recorren unha distancia de 1.500 metros polo porto e pola zona antiga, para que vexan un pouco o que é historia de Foz e o núcleo urbano, xa que vai pola igrexa, dá a volta ao Martíñez Otero e xa se volve meter no colexio. E finalmente ás 11 horas será a carreira absoluta, que é a que máis repercusión ten; é para maiores de 16 anos cun recorrido moi similar ao do ano pasado, de 7.200 metros, cunha pequena variación, non moi significativa, pero que lle dá un pouco máis de atractivo ao circuíto, pois pasa por Portochico e chega case á Rapadoira”.
 
Eiras comentou tamén que “o prezo das inscricións é de 5 euros máis 1 euro, de aluguer do chip, polo que son 6 euros en total, pero para os nenos ata cadetes son gratuítas; o que teñen que levar, como é unha carreira solidaria, é un quilogramo de alimentos por cada dorsal”.