A Pomba do Arco, de Foz, organiza do 14 ao 16 de novembro unha nova edición da Festa da Palabra, coa que lle renderá homenaxe a Manuel María.

A Pomba do Arco, de Foz, organiza do 14 ao 16 de novembro unha nova edición da Festa da Palabra, coa que lle renderá homenaxe a Manuel María.
 
A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco organiza o 14, 15 e 16 de novembro unha nova edición da Festa da Palabra, consistente nun concerto e en dous recitais poéticos que se celebrarán no salón de exposicións do CENIMA de Foz a partir das 20:30.
 
O programa de actos é o que segue:
O luns, 14 de novembro, ás 20:30 horas no salón de exposicións do CENIMA de Foz concerto de rock a cargo do grupo “Fran Amil e a tribo incomprensíbel” que presentaran o seu disco “ A voz do vento”, sobre poemas do poeta chairego Manuel María.
 
O martes, día 15, ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz recitará os seus versos a poeta Marica Campo, persoa moi vinculada á Mariña de Lugo, onde residiu varios anos e onde exerceu como mestra.
 
E o mércores, 16 de novembro, ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz co recital doutra persoa moi vinculada A Mariña, como é o xornalista Miguel Sande, Delegado de “La Voz de Galicia” na Mariña.