A sala de exposicións de RegalXunqueira, en Viveiro, acolle ata finais de xaneiro a mostra "Viveiro: dous mundos", de Jaime Oroza.

A sala de exposicións de RegalXunqueira, en Viveiro, acolle ata finais de xaneiro a mostra "Viveiro: dous mundos", de Jaime Oroza.
 
No espazo RegalXunqueira, de Viveiro, inaugurouse onte, 10 de decembro, a exposición Viveiro: dous mundos, de Jaime Oroza. No acto, que terá lugar na Sala de Exposicións, servirase un viño e algo de comer, segundo explican os organizadores.
Segundo o autor da mostra “malia a idea recorrente do  Viveiro intramuros e o de fóra de murallas, co traballo refírome ao da imaxe e ao das verbas. As imaxes corresponden a lugares camiñados, os poemas son encrucilladas de pensamentos, de sentimentos, que foron xurdindo nos camiños, nos lindeiros, riba das pontes, na beiramar. Lugares camiñados coma a Maraleixa,  o Souto da Retorta, monte Castelo, San Roque, Penedo do Galo, Penido, Silvarosa, Saímas, Sacido, Socastro, Faro, Ferida, Fraga Moura, mesturados nun remuíño calidoscópico que conforman a vida duns pés de lume xa algo cansos, eivados, que fan alumear o mar dos soños en imaxes na ardora”.
A exposición de Jaime Oroza poderá visitarse ata finais de xaneiro.