Aberta a inscrición para participar na carreira San Silvestre Ribadeo 2014. O 31 de decembro a proba absoluta dará comezo ás cinco da tarde. A proba está organizada polo Concello e pola Deputación Provincial de Lugo.

Aberta a inscrición para participar na carreira San Silvestre Ribadeo 2014. O 31 de decembro a proba absoluta dará comezo ás cinco da tarde. A proba está organizada polo Concello e pola Deputación Provincial de Lugo.
 
Xa está aberta a inscrición para participar na San Silvestre Ribadeo 2014, que organizan o Concello e a Deputación Provincial de Lugo. As carreiras das categorías inferiores terán lugar a partir das 16:40 horas e a proba absoluta será ás 17 horas, unha vez finalizada a carreira das categorías inferiores. 
O percorrido da mini San Silvestre terá unha lonxitude de 400 metros aproximadamente e discorrerá arredor do parque de San Francisco. Haberá un trofeo para o primeiro corredor e corredora en cruzar a meta e medallas para os tres primeir@s clasificad@s de cada categoría.
No caso da milla a distancia será de 1.150,37 metros e discorrerá polas rúas peonís de Ribadeo: saída entre os parques, da a volta ao parque de San Francisco, pasar por diante da oficina de turismo e do Concello e segue por Villafranca del Bierzo, Rodríguez Murias, Ramón González, Doutor Moreda, Reinante, Villfranca del Bierzo de novo e chegada á praza de España, diante do Concello. Haberá un trofeo para o primeiro corredor e corredora en cruzar a meta e medallas para os tres primeir@s clasificad@s de cada categoría.
Os participantes na proba absoluta, na San Silvestre Ribadeo 2014, recorrerán 4.937,83 metros. Sae de diante da Oficina de Turismo (praza de España) pasa por diante da Casa do Concello e rodea o parque para seguir polas ruas Clemente Martínez Pasarón, Avenida de Asturias, Jose V.Pérez Martínez, avenida de Galicia, Virxe do Camiño, San Roque, Rosalía de Castro, estrada de Vilaselán, estrada do faro, camiño das Barreiras, Leopoldo Calvo Sotelo, Rodríguez Murias, Ramón Gonzalez, Doutor Moreda, Reinante, Villafranca del Bierzo para rematar na praza de España, diante do Concello. Haberá medallas para os tres primeiros de cada categoría (masculino e feminino), trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e 3 mulleres da categoría absoluta e igual para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres ribadenses. Os premios son de 100 euros, 50 euros e 25 euros respectivamente. 
As inscricións para a carreira absoluta e menores con DNI poden realizarse a través de internet en www.championchipnorte.com ata o 25 de decembro ás 23:59 horas; presencial nas oficinas de deportes e información xuvenil do Concello antes do martes 23 de decembro ás tres da tarde; e por correo electrónico antes tamén das tres da tarde do 23 de decembro á seguinte conta: deportes@ribadeo.org 
As inscricións para menores que non teñan DNI deberán facerse de xeito presencial ou por email antes das 15 horas do 23 de decembro. 
A retirada dos chips e dos dorsais efectuarase o 31 de decembro de 12 a 13 horas e de 15 a 16 horas no Concello de Ribadeo. Os corredores con chip propio deberán levalo para a carreira. Desde a Delegación Municipal de Deportes indican que “se disporá dos vestiarios do pavillón polideportivo municipal para poder cambiarse antes e despois da carreira”. Toda a información sobre a proba atoparase dispoñible na páxina: SanSilvestreRibadeo.wordpress.com