ACIA Foz - CCA repartirá en xaneiro 3.000 euros nunha nova edición do Campañazo. Cada venres outorgaranse 300 euros á primeira persoa que cante bingo e outros 300 entre o resto de cartóns premiados.

ACIA Foz - CCA repartirá en xaneiro 3.000 euros nunha nova edición do Campañazo. Cada venres outorgaranse 300 euros á primeira persoa que cante bingo e outros 300 entre o resto de cartóns premiados.

 

En xaneiro de 2015 chega una nova edición do Campañazo da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) – Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz, que repartirá 3.000 euros en vales de compra durante os venres 2, 9, 16, 23 e 30 do vindeiro mes. Os sorteos serán retransmitidos en directo por Radio Foz a partir das 23:00 horas. Cada venres haberá un premio de 300 euros en vales de compra para o primeiro que cante o bingo e varios premios que sumarán outros 300 euros entre o resto de cartóns premiados. Os interesados poderán conseguir os seus cartóns comprando e consumindo nos 43 comercios e 24 locais hostaleiros que participan no Campañazo.

Nesta nova edición do Campañazo para o mes de xaneiro participan os comercios: Librería Bahía / Din Don, Cenor Belianorte, Catorce Cero Catro Shop, Carnicería Mercedes, Casa Moreda, Centro Dietético y Nutrición Alba Vila, Decoraciones Pura, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estanco Expendeduría No2 (García Lorca), Farmacia Antonio Ulloa, Librería A Rapadoira, Ferretería Fuente, Floristería La Gardenia, Ginzo Hombre y Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense 2, Lencería Esther, Longarela Moda Hombre y Mujer, María Docampo, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Cafetería Anduriña, Pastelería Bombonería Amarena, Pescadería Os Coyotes, PI-R Moda Hombre, 5 Lobiños Moda Infantil, Joyería Iria Rodríguez, Farmacia Fátima Saa, Salai Campo, 100 P´S Zapatería y Complementos, Subministros Veipa, Viajes Rodríguez, Mapfre, Asesoría Marcos Fernández, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Estación de Servicios Foz, MRW, Alain Afflelou, Peluquería Ramone. E os establecementos hostaleiros: Restaurante Bar Acuario, Restaurante Asoalta, Cafetería Restaurante Costumes do Mar, Cafetería Happy Days, Cafetería Xoyma, Restaurante Fina, Cervecería Portovello, Cervecería Regata, Bar O 78, Fraggle Rock, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, Casa Damián, A Rula, Restaurante As Brasas, Restaurante Dandy, Marexada, Pizzería Xoíña, O Chícaro, Cafetería Mary Ros, A Bolera, O Sera, Cafetería Express e Bar O Naútico.