Ata o 4 de xaneiro está aberto en Burela o prazo de inscrición para participar no obradoiro de risoterapia que organiza a Concellería de Servizos Sociais.

Ata o 4 de xaneiro está aberto en Burela o prazo de inscrición para participar no obradoiro de risoterapia que organiza a Concellería de Servizos Sociais.
 
Ata o 4 de xaneiro as persoas interesadas, con preferencia os/as empadroados/as no Concello de Burela, poderán inscribirse no obradorio de risoterapia, que terá lugar os xoves de 20:30 a 22:00 horas na Aula de Familia da Casa da Cultura. O taller dará comezo o 7 de xaneiro. 
A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, subliña que “a risoterapia axuda a desdramatizar as situacións da vida diaria, desenvolvendo nas persoas un espírito optimista e competitivo, ensinándonos a mellorar a visión de un/unha mesmo/a así como do noso entorno”.
A inscrición poderá realizarse na Casa do Concello de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas (presentar DNI). Para calquera dúbida as persoas interesadas  poden poñerse en contacto, no mencionado horario, chamando ao teléfono 982 58 06 09, ou ben persoalmente.