Barreiros acollerá o vindeiro martes, 23 de decembro, un obradoiro formarivo sobre busca de emprego

Barreiros acollerá o vindeiro martes, 23 de decembro, un obradoiro formarivo sobre busca de emprego

 

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Barreiros, coa colaboración da Xunta e da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, organiza para o vindeiro martes, 23 de decembro, un obradoiro de busca de emprego co nome Activando o teu futuro. A actividade englóbase dentro do plan Activa 2014, destinado á formación para a mocidade, e levarase a cabo entre as 11:30 e as 13:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Poderán participar todos os xoves de entre 16 e 30 anos que conten con certificado oficial, así coma tódalas persoas maiores de 30 anos que non teñan no seu poder dito certificado. Os interesados poden inscribirse xa na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros.

O obxectivo do obradoiro é o de facilitar a busca de emprego entre xoves, feito para o cal se dotará aos asistentes dos coñecementos necesarios para simplificar correctamente un currículo vitae, aumentar o uso das redes sociais na busca de traballo ou crear unha boa rede de contactos de emprego. Ademais, os participantes adquirirán formación sobre a importancia da educación non formal e o voluntariado, así coma sobre as diversas formas de descubrir a súa vocación e activar a súa creatividade.