Do 9 ao 12 de maio haberá novas audicións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.

Do 9 ao 12 de maio haberá novas audicións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza ao longo da vindeira semana unha nova quenda de audicións das especialidades instrumentais que restaban por facer dentro do abano de materias que se imparten o centro. 
 
Esta actividade terá lugar entre os días 9 e 12 de maio, ás 20:00 horas na propia Escola agás a do
mércores, 11 de maio, de clarinete e saxofón, que terá lugar no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é libre e gratuíta.
 
-Luns 9 de maio – canto/frauta/oboe (Escola)
-Martes 10 de maio – guitarra (Escola)
-Mércores 11 de maio – clarinete/saxofón (Cine-Teatro)
-Xoves 12 de maio – piano (Escola)