Durante esta Semana Santa estará aberto en Alfoz o Castelo de Castro de Ouro polas mañás e polas tardes.

Durante esta Semana Santa estará aberto en Alfoz o Castelo de Castro de Ouro polas mañás e polas tardes.
 
Desde este 19 de marzo reabren as dependencias do Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz, en horario de mañás de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 polas tardes. As instalacións permanecerán abertas durante toda a Semana Santa e todos os fins de semana ata o mes de xullo, data na que volverá a abrir de luns a domingo. 
 
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Xavier Pardiñas, explica que “nas instalacións do Castelo estará aberta a Oficina de Información Turística, no horario anteriormente indicado, e poderase visitar unha exposición sobre materiais recollidos das antigas escolas unitarias de Alfoz, na planta baixa; unha exposición de obras do artista local Hipólito Xeada, na segunda primeira; e a Sala Museo das Zocas, coa colección de calzado tradicional de madeira de Alberto Geada, na planta segunda. Ademais permanecerá aberto o mirador da azotea do Castelo, desde o que se poden observar unhas fermosas vistas do val”.