En Barreiros o cámping Gaivota acollerá o concerto de A Bagunda este venres, 24 de xullo. E o domingo, día 26, o Eido Dourado recibirá a Vai Trío.

En Barreiros o cámping Gaivota acollerá o concerto de A Bagunda este venres, 24 de xullo. E o domingo, día 26, o Eido Dourado recibirá a Vai Trío.
 
O espazo cultural Eido Dourado, de Barreiros, terá esta fin de semana unha programación especial con motivo da celebración do Día da Patria. A cita xa é unha tradición no verán da Mariña, e nela non faltará a música e a festa. A conmemoración comezará a noite do 24 nas terrazas do cámping Gaivota, a cargo do grupo A Bagunda.  “Teremos a actuación dun grupo folk, que eles definen de folk de tipo republicano. É unha xente moi metida no mundo da música, teñen un longo percorrido. A actuación irá acompañada da correspondente queimada, que facemos todos os venres”, sinalou o promotor do evento, Celso Dourado.
A programación continúa dous días despois, o domingo 26, no Eido Dourado. “A partir das dez da noite, coa caída do sol, vainos acompañar Vai Trío, un trío de músicos cunha formación loable. Todos formaron parte doutros grupos, como Luar na Lubre ou Fía na Roca. O concerto vai ser no Eido Dourado e estades todos invitados. A entrada é gratuíta”, engadiu Dourado.