En Foz a Librería Bahía abrirá as súas portas ata as dez da noite o 13 de novembro. Así conmemora o Día das Librerías. E haberá unha actividade infantil o 14 de novembro.

En Foz a Librería Bahía abrirá as súas portas ata as dez da noite o 13 de novembro. Así conmemora o Día das Librerías. E haberá unha actividade infantil o 14 de novembro.
 
Este venres, 13 de novembro, celébrase o Día das Librerías. “Con esta conmemoración as libreiras e libreiros queremos destacar o papel que xogan as pequenas librerías no desenvolvemento cultural e social da comunidade á que pertencen”, sinalan desde Bahía.
E engaden que “todas as librerías que nos acollemos á celebración abriremos as nosas portas ata as 10 da noite e faremos un desconto do 5% en tódolos libros durante todo o día”.
Desde a Librería Bahía subliñan que “ademais celebrarémolo cun concerto-presentación do libro disco infantil Un conto ao revés, do grupo Chuches a mil. Será o sábado, 14 de novembro, ás 12 da mañá”.