En Lourenzá terá lugar unha charla informativa sobre o funcionamento do banco de terras. Será o venres 13 e correrá a cargo de Carlos Díaz Redondo.

En Lourenzá terá lugar unha charla informativa sobre o funcionamento do banco de terras. Será o venres 13 e correrá a cargo de Carlos Díaz Redondo.
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla informativa sobre o funcionamento do Bando de Terras este venres, día 13, ás 20:30 horas. Correrá a cargo do enxeñeiro agrónomo de BANTEGAL Carlos Díaz Redondo.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou que “seguindo co ciclo de charlas que mensualmente fai o Concello, este venres, día 13, ás oito e media da tarde teremos un acto moi importante tanto para agricultores como para gandeiros e tamén para aquelas persoas propietarios de terras que non as utilicen na actualidade. A charla leva por título O Banco de Terras: o seu funcionamento e estará impartida por un enxeñeiro agrónomo do BANTEGAL, Carlos Díaz Redondo”.
A rexedora municipal explicou que “é moi importante que a xente que estea en activo acuda a esta charla posto que desta maneira saberá que ten que facer para demandar terreo para incrementar a base territorial da súa explotación agrícola ou gandeira. E, por outro lado, todas aquelas persoas que teñan terras que nestes momentos estean abandonadas ou que non teñan capacidade para traballalas terán a oportunidade de incorporalas nesta base de datos do banco de terras para que algunha persoa que poida necesitar terras para incrementar a base territorial poida acceder a elas. Durante a charla indicarannos como se pode facer para incorporalas, que hai que facer para solicitalas e tamén resolverán  dúbidas como por exemplo o tempo polo que hai que arrendalas ou o prezo e demais preguntas que poidan xurdir”.
Emma Álvarez engadiu que “esta charla é moi importante nesta época do ano posto que o pasado 1 de marzo abriuse o prazo para solicitar fincas que están xa a día de hoxe inscritas no Banco de Terras. Por iso nos parece moi oportuna”.