En Viveiro terá lugar os días 11 e 12 de xuño un taller de primeiros auxilios, dirixido ao público xeral. A inscrición está aberta.

En Viveiro terá lugar os días 11 e 12 de xuño un taller de primeiros auxilios, dirixido ao público xeral. A inscrición está aberta.
 
Os días 11 e 12 deste mes de xuño terá lugar un taller de Primeiros Auxilios en Viveiro.
 
Está dirixido ao público en xeral e para participar é necesario facer a inscrición previa no Centro de Información ás Mulleres de Viveiro, nos números de teléfono 982 56 21 49 ou 649 99 07 37. Terá lugar na sala multiusos da Casa do Concello de 16:00 a 20:00 horas.
 
Impartirá este taller Manuel Expósito López, Responsable do Servizo Municipal de Emerxencias de Protección Civil.