Este sábado, 21 de novembro, haberá teatro afeccionado no Valadouro. Ardora representará "Soños cumpridos".

Este sábado, 21 de novembro, haberá teatro afeccionado no Valadouro. Ardora representará "Soños cumpridos".

 

Dende a delegación de Cultura do concello de O Valadouro que dirixe o nacionalista Eduardo Chao, seguen programando actividades ao longo das fins de semana. Mañá, sábado 21, tócalle o segundo turno a un grupo de teatro da bisbarra, dentro do programa Buxiganda da Deputación Provincial de Lugo, o grupo de teatro Ardora, que dirixe e no que actúa María Paz Silva, representará unha obra orixinal do polifacético Francisco Piñeiro e que leva por título "Soños Cumpridos". A actuación terá lugar o sábado, 21 de novembro ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro. A entrada será de balde.