Cuaresma

Etiquetas:
23/03/2023

Este ano o CCH de Viveiro estrena o Tapeo de Cuaresma este venres, 24 de marzo. Unha iniciativa posta en marcha en colaboración ca Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, e na que participan 7 locais que ofrecerán tapas variadas por 2,50€.. “ao ser un tapeo de Cuaresma ninguna das tapas leva carne”, explican desde o CCH.

Os locais que participan e as tapas que servirán tanto ó mediodía como pola noite son: Pulpería O Panadeiro (salpicón de centolo e marisco); Atlántico gastrobar (fusilli con atún e tomate); Mesón O Recuncho (tempura de verdura e langostino); Casa Pepi (lágrima de merluza); El Tigre (roliños de allo gratinados con catro queixos); Cornelius (pasta negra con gambas, setas e galmesano) e Heladería Puerta Real (tarta cheesecake de fresa).