Fútbol Sala
26/12/2014
O pavillón Vista Alegre será escenario o vindeiro 5 de xaneiro do partido que disputarán a selección de fútbol sala masculino contra Ucrania. O alcalde, José Ma González Barcia, amósase satisfeito porque “se siga contando con Burela” para albergar eventos deste tipo. A presentación do encontro tivo lugar o pasado martes no Concello de Ferrol, porque nesa cidade tamén haberá outro partido o día de Reis. O rexedor explicou que “na mañá do martes presentamos no Concello de Ferrol, xunto co alcalde desta cidade, José Manuel Rey Varela, e o seleccionador nacional de fútbol sala, José Venancio, os partidos que disputará a selección nacional de fútbol sala masculino en Burela e en Ferrol. Serán dous encontros contra a selección de Ucrania, país que ocupa o quinto posto do ránking Uefa. En Burela o partido será o 5 de...
leer más



