Fútbol Sala

13/02/2015
Lucas foi presentado oficialmente polo CD Burela FS Pescados Rubén. O equipo enfróntase mañá ao Cidade das Burgas en Ourense.
 
O CD Burela FS Pescados Rubén presentou onte pola tarde a Iván Cao Valle, máis coñecido como Lucas, como novo adestrador do equipo de Primeira División RFEF ata finais de tempada. Coa presenza do presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, o novo técnico, ata esta semana á fronte do filial masculino de Terceira División, amosouse moi ilusionado coas novas responsabilidades: “Para min é un gran reto. Agradezo esta posibilidade que me está dando o club; é miña primeira grande oportunidade á fronte dos bancos e quero responder á confianza que deposita en min coa máxima ilusión”, comentou o focego, de 33 anos, na súa posta de gala.
Os directivos laranxas avalaron as novas obrigas de Lucas. “É un profesional da casa con ampla experiencia en todas as categorías da nosa estrutura” explicaba Manuel Blanco, destacando que “con esta aposta...
leer más
26/12/2014
Burela acollerá o 5 de xaneiro o partido que disputarán as seleccións masculinas de fútbol sala de España e Ucrania.
 
O pavillón Vista Alegre será escenario o vindeiro 5 de xaneiro do partido que disputarán a selección  de fútbol sala masculino contra Ucrania. O alcalde, José Ma González Barcia, amósase satisfeito porque “se siga contando con Burela” para albergar eventos deste tipo. A presentación do encontro tivo lugar o pasado martes no Concello de Ferrol, porque nesa cidade tamén haberá outro partido o día de Reis. O rexedor explicou que “na mañá do martes presentamos no Concello de Ferrol, xunto co alcalde desta cidade, José Manuel Rey Varela, e o seleccionador nacional de fútbol sala, José Venancio, os partidos que disputará a selección nacional de fútbol sala masculino en Burela e en Ferrol. Serán dous encontros contra a selección de Ucrania, país que ocupa o quinto posto do ránking Uefa. En Burela o partido será o 5 de...
leer más