O Burela FS poñerá a proba a súa sólida defensa ante a capacidade ofensiva do Marfil. O partido será este sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 horas en Vista Alegre.

O Burela FS poñerá a proba a súa sólida defensa ante a capacidade ofensiva do Marfil. O partido será este sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 horas en Vista Alegre.
 
O Burela FS Pescados Rubén recibe mañá en Vista Alegre ao Marfil Santa Coloma nun duelo de iguais con 1 só punto de distancia entre a novena praza dos cataláns (27 puntos) e a undécima dos galegos. Os pupilos de Juanlu saltarán á pista ás 18.30 horas para poñer a proba a sólida defensa laranxa ante o envite ofensivo dos visitantes, máximo goleador da competición (115 tantos a favor).
O conxunto burelista chega á cita sen contratempos, con pleno de efectivos, logo de plantarlle cara ao mismísimo ElPozo Murcia (5-4), a piques de dar a sorpresa. “Estamos nun bo momento de forma, probablemente no mellor momento de xogo da tempada, pero pésanos un pouco a racha de cinco partidos sen gañar; necesitamos romper esa dinámica” falaba así Juanlu da actualidade laranxa.
“Medirémonos a un rival que está nunha etapa positiva, vén de perder contra Inter e Barcelona, pero é algo lóxico para a maioría dos equipos, e desbancou a ElPozo Murcia en semifinais do Copa do Rei” analizaba o técnico mariñao, destacando “a capacidade goleadora e desequilibrio do Marfil, co engadido de Dani Salgado, pichichi da liga con 39 dianas, e o seu gran dominio do porteiro-xogador na recta final dos partidos. Trataremos de contrarrestar a súa capacidade ofensiva coa nosa boa defensa” adiantaba o técnico burelista. Na primeira volta os mariñaos conseguiron impoñerse 4-5.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Behroz, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 29. Ángel.
Convocatoria Marfil Santa Coloma: 5. Rubén, 7. Adolfo, 8. Dani Salgado, 9. A.Segura, 10. Sepe, 13. Eric Martel, 15. Álex, 17. Rafa López, 19. Eric Pérez, 20. A. Medina, 21. Dídac, 25. Charlie
Lanzamento do Álbum Oficial
Coincidindo coa cita de Primeira División LNFS, o CD Burela FS Pescados Rubén poñerá á venda mañá en Vista Alegre os cromos do primeiro álbum oficial do club laranxa. Lanzaranse un total de 3.000 sobres, é dicir, 18.000 cromos, ao prezo de 1 euro/sobre. As imaxes máis preciadas estrelas laranxas tamén poderán adquirirse na sé do club (Avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela), a cafetería do IES Monte Castelo e en Espacio Lector Nobel (Castelao, número 2, Burela).