Maíz

Etiquetas:
23/10/2017

A parroquia de Rúa acollerá o vindeiro sábado, 28 de setembro, a segunda edición da Festa da Esfollada do Maíz.

A cita, foi presentada este mediodía polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o de Medio Rural, Plácido Pérez, e varios membros da Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, organizadores do evento, coa colaboración do Concello.

A Festa arrincará ás 16:00 horas con xogos populares para nenos e maiores; e ás 18:00 horas terá lugar a esfollada do millo.

A partir das 20:00 horas está programada unha cea a base de empanada e pan da casa elaborados con fariña de trigo da Malla de Rúa, callos, postres, castañas asadas para os asistentes, viño e auga; por un prezo de 6 euros para os socios e de 10 euros para os non socios.

... leer más