Prensa
09/07/2015
A publicación con formato e deseño similar aos xornais que había a comezos do século XX, que editou Faro Norte Comunicación, está na rúa desde o 10 de xullo, coincidindo co inicio dos actos incluídos no programa da segunda edición do Ribadeo Indiano.
A Gaceta Ribadense, que así é como se chama, é un grao de area máis co que Faro Norte Comunicación pretende contribuír á celebración do Ribadeo Indiano e ao mesmo tempo rende tributo aos periódicos que houbo en Ribadeo no século XIX e comezos do XX como Ribadense ou Las Riberas del Eo.
Trátase dunha publicación en branco e negro e co deseño, as tipografías, o estilo e o tipo de anuncios similares aos que tiñan os xornais que había naquela época. Pero os artigos e os anunciantes son...
leer más