Foz acollerá neste mes catro obras de teatro, dous festivais musicais e o tradicional concerto de Nadal da Banda Municipal.

Foz acollerá neste mes catro obras de teatro, dous festivais musicais e o tradicional concerto de Nadal da Banda Municipal.

 

A Delegación de Cultura do Concello de Foz presentou a súa programación lúdica para este mes de decembro. Haberá dúasobras de teatro para adultos este fin de semana, dentro do ciclo de teatro nas parroquias. A primeira representarase mañá sábado, á cargo do grupo Pico do Castro no Centro Social de Cangas ás 7 da tarde. A segunda, o domingo ás 20:30horas, da man da compañía A Adala no local de O Castro de Vilaronte. Ademais, os días 13 e 30 de decembro a programación teatral complétase con dous espectáculos para nenos que se representarán na Sala Bahía a partir das 18:30 horas. O primeiro a cargo de Peter Punk coa obra Peor Imposible, e o segundobaixo a dirección da compañía O elefante elegante coa obra Nuncabunga. A programación cultural complétase coa celebración dun festival benéfico a favor do asilo de anciáns de Foz o día 20 de decembro, na Sala Bahía. Ao día seguinte, o domingo 21 de decembro, terá lugar o XII Encontro de Canto de Coral de Nadal; e o día 25 celebrarase o tradicional concerto de Nadal da Banda de Música de Foz. Será na Sala Bahía a partir das 17:30 horas.

O Concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo, anunciou que "este mes teremos dúas obras de teatro infantís. A primeira delas será este sábado, día 13, na Sala Bahía, a partir das 6:30 da tarde co espectáculo de Peter Punk e a obra Peor Imposible. A obra será gratuíta para tódolos nenos e pais que queiran achegarse. Despois, xa o martes 30 de decembro, teremos o espectáculo tamén infantil epara tódolos públicos que nos trae a compañía O elefante elegante coa obra Nuncabunga. Tamén será na Sala Bahía a partir das 6:30 da tarde. Ademais, este mes acabará o ciclo de teatro nas parroquias, que remata este domingo co grupoPico do Castro no Centro Social de Cangas a partir das 7 da tarde, e máis o grupo de teatro A Adala que estará o sábado ás 8:30 no local de O Castro, en Vilaronte".

Ánxel Paleo engadiu que "as actividades organizadas para este Nadal en Foz complétanse co festival en beneficio do asilo de anciáns, que terá lugar o sábado día 20 a partir das 18:30 horas da tarde na Sala Bahía. Alí cobrarase unha pequenaentrada, que servirá de doazón para o asilo de anciáns. Logo, xa o domingo 21, tamén ás 18:30 horas na Sala Bahía, será o XII Encontro de Canto de Coral de Nadal. Diferentes corais de Foz e das parroquias, participarán en dito encontro. Posteriormente, o día 25, que é xoves e o día de Nadal, teremos o concerto de Nadal da Banda de Música de Foz. Aquí volverase a esta data do día 25, xa que en anos anteriores celebrábase noutras datas, pero recuperouse ao mesmo día que se facía anteriormente. Este será ás 8 da tarde na Igrexa Parroquial de Foz. E, para rematar, quedaranos una foliada, o sábado 27 na Sala Bahía ás 5 e media da tarde, organizada por A Subela. E con isto remata a actividade cultural do Concello de Foz para este mes de decembro, que espero sexa do agrado de todos e que poidan asistir aos actos que máis lles gusten".