Foz homenaxea o 18 de marzo ao poeta Manuel María cun acto organizado polo Concello e a asociación A Pomba do Arco. Na Casa da Cultura haberá palabra, música e teatro.

Foz homenaxea o 18 de marzo ao poeta Manuel María cun acto organizado polo Concello e a asociación A Pomba do Arco. Na Casa da Cultura haberá palabra, música e teatro.
 
Foz homenaxeará o vindeiro 18 de marzo, venres, ao poeta Manuel María nun acto organizado polo Concello e a Asociación A Pomba do Arco.
 
A concelleira de Cultura focense, Silvia Blach, anunciou hoxe que “este venres 18 de marzo ás oito e media da tarde na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz terá lugar o acto Compañeiro de ronseis floridos. Palabra, música, teatro para Manuel María. Intervirán nesta homenaxe Suso Fernández, cronista oficial de Foz; Alberte Ansede e Saleta Goi, xerente e presidenta da Fundación Manuel María, respectivamente”.
 
Silvia Blach engade que “a actuación musical correrá a cargo de Arcadio e imos ter unha representación teatral por parte de A Pombiña e a obra vai ser O Encanto de Raboces”.
 
A edil de Cultura asegura que “vai ser unha homenaxe penso que moi bonita, así que invitamos a todo o mundo a que asista ao salón de actos da Casa da Cultura de Foz”.