Migallas Teatro fará as delicias do máis pequen@s en Ribadeo o vindeiro venres, 20 de marzo, co espectáculo "Vai ser boa!".

Migallas Teatro fará as delicias do máis pequen@s en Ribadeo o vindeiro venres, 20 de marzo, co espectáculo "Vai ser boa!".
 
Un dos grupos favoritos d@s nenos e nenas de Ribadeo… Migallas Teatro, chega este venres, 20 de marzo, ao Cine Teatro co espectáculo “Vai ser boa!”
“Vai ser boa!” é un espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións con accións dramáticas relacionadas coa súa temática. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “O espantallo divertido”, “Eu teño un canciño”, “Unha vella tiña un can”, “Miña “Abuela Manuela”” e Pan de millo. 
A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo. Os temas que se tratan, entre outros, son: a importancia da relación entre avós e netos; a transmisión da lingua, dos ditos e das cancións tradicionais; o coidado das mascotas; o coñecemento e respecto da natureza; a colaboración fronte á competición, etc.
Migallas Teatro estará este venres, día 20, ás 18.00 horas no Teatro de Ribadeo. O prezo das entradas é de 2’5 euros. Aforo limitado.