Mondoñedo celebrará a súa tradicional Feira e Festa das Quendas a fin de semana do 29 de abril ao 1 de maio. A programación unifica a tradición cunha ampla oferta cultural e literaria.

Mondoñedo celebrará a súa tradicional Feira e Festa das Quendas a fin de semana do 29 de abril ao 1 de maio. A programación unifica a tradición cunha ampla oferta cultural e literaria.
 
Mondoñedo celebrará a súa tradicional Feira e Festa das Quendas a fin de semana do 29 ao 1 de maio, entorno a un programa que nesta edición unifica a tradición das festas (Feira Tradicional de Gando Cabalar, Festa da Empanada, Xornadas da Carne do Poldro Galego) cunha ampla oferta cultural e literaria coa inclusión da actividade, entre outras, Mondoñedo é Poesía.
 
As Quendas 2016 comezarán o venres 29 de abril co pregón do escritor e músico galego, Cesar Morán Fraga, no Auditorio Municipal Pascual Veiga, ás 20:15 horas; trala recepción oficial no Concello. 
 
O cabalo, o gran protagonista
O sábado 30 de abril, o cabalo ten unha relevancia especial coa saída ás 10:30 horas do Campo da Feira da III Ruta a Cabalo “As Quendas”, cuxa inscrición remata o xoves 28 a través dos teléfonos 639 021 130 e 664 352 733, por un importe de 20 euros (inclúe almorzo e xantar no bar Bigotes). Ademais, ás 17:30 horas, no recinto da Granxa, será a exhibición e concurso hípico de salto, a cargo de Hípica EqusCaballetti (Lugo) e Centro Ecuestre Os Parrulos (A Coruña).
 
A V Xornadas da Carne do Poldro Galego inclúen tanto o sábado como o domingo degustación de balde deste produto na Alameda dos Remedios, servida polo bar Bigotes en horarios de 13:00 a 14:00 horas e de 20:00 a 22:00 horas; ademais haberá tapas elaboradas con poldro nos locais de hostalería mindoniense. 
 
O domingo, 1 de maio, é o día grande das festas coa celebración da Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar, no Campo da Feira, a partir das 9:00 horas. Ás 11:45 sairán da Casa do Concello as raíñas e damas das festas, xunto cos cabezudos e o Grupo de Gaitas “Ledicia” cara a Feira do Gando, percorrendo os distintos postos. Xa ás 13:45 horas no Campo da Feira terá lugar a entrega de Premios do Concurso de Gando. 
 
O domingo tamén se celebra o Mercado de Produtos do Campo Galego e a XXXIII Festa da Empanada, coa venda deste produto na Alameda e a súa degustación durante todo o día nos negocios de hostalería da cidade. 
 
Ás 8:00 horas do domingo, dá inicio a II edición da carreira popular TCX Mondoñedo “A ToxizaClassicXtreme”, con saída da Praza da Catedral.
 
Ampla oferta cultural e literaria
O domingo terá lugar a terceira edición da actividade cultural Mondoñedo é Poesía 2016, que convoca a numerosos autores e autoras (escritores, músicos, debuxantes, libreiros, críticos …) que en  diferentes rúas, prazas e espazos culturais da cidade de Mondoñedo ofrecerán as súas creacións. 
 
Os horarios e lugares serán os seguintes: ás 18:00 h., na Praza da Catedral, ás 18:30 h. na Praza da Concello e ás 19:00 h na Praza JaimeCabot. 
 
Interveñen: Margarita Bermúdez, MateoBuján, Martiño Maseda, Moncho García, Mª José Fernández, Raúl Costas, Xosé Ruíz Leivas, Antía Juncal e Coro “Mestre Pacheco”. 
 
Mentres que no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” de 20:00 a 21.30 h será o Recital “Mondoñedo é poesía”. Interveñen músicos (César Morán, Carmen Rodríguez Lage e Coro “Mestre Pacheco”), e poetas (DaríoXohán Cabana, Antonio García Teijeiro, María Lado, Lucía Aldao, Martiño Maseda, Mª José Fernández, MateoBuján, Raúl Costas, Antía Juncal e Xosé Artiaga). O colofón será coa homenaxe a Manuel Fernández de Castro, bispo de Mondoeñdo entre 1890 e 1905, e figura do rexurdimento da llingua asturiana ao cumprírense 110 anos do seu pasamento. Este acto contará co intervención do académico da Academia  de la LLingu Asturiana. Xosé Ramón IglesiasCueva.
 
Mondoñedo é poesía 2016 incrementa nesta edición as actividades complementarias, nesta ocasión coa celebración tanto o sábado coma o domingo dunha Expo-libro, exposicións, obradoiros ... O programa de actividades é o seguinte:
 
-Obradoiro de regueifas a cargo de Josiño da Teixeira, en colaboración coa Tradescola de Lugo. O luns, 25 de abril desenvolveranse dúas sesións, unha no IES “San Rosendo” e outra no CEIP “Álvaro Cunqueiro”
 
-Debuxando Mondoñedo (SKETCHCRAWL GALICIA, 2ª edición). Sábado, 30 de abril (de 11:00 a 19.00 h.) Debuxantes e pintores cítanse nunha quedada en Mondoñedo. Percorreran as rúas tomando apuntes da cidade e das xentes ao vivo e que se difundirán a través das redes sociais. Ás 19:00 h. debuxantes  escritores reuniranse na Escola da Música para unha posta en común das diferentes experiencias. Lugar de cita ás 11:00 h. na Praza da Catedral.
 
-Exposición fotográfica “Mondoñedo sentimental (Vidas e paisaxes)”. Fotografías evocadoras do pasado mindoniense. Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” (visitas de 11:00 a 14.00 h., e de 16:00 a 21:30 h.)
 
-Expo-Libro Mondoñedo Feira de libros. Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, na Praza JaimeCabot (de 11:00 a 14.00 h. e de 16:00 a 20:30 h.). No marco da Expo-Libro terán lugar numerosas presentacións de libros que comezarán o sábado cun pregón homenaxe á imprenta, a cargo de Antonio Reigosa. A xornada do sábado dedicarase á presentación de títulos e autores mindonienses e mariñaos (Armando Requeixo, Maka Ledo, Pepe Peinó, Rita Morrigán, José Díaz, Paco Rivas, E. Cal Pardo, X. Ramón Fernández Pacios, Andrés García Doural e Isidro Fernández Villalba) e a do domingo a novidades 2016 coa presentación de títulos do colectivo “O sétimo andar da porta verde” con Mª José Fernández, DaríoXohán Cabana e Amelia Outeiro, Mª Xosé Lamas, Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa.
 
-Tendal de Poesía no Auditorio “Pascual Veiga”. Instalación de traballos con poemas do alumnado dos centros escolares mindonienses. Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” (visitas de 11:00 a 14.00 h., e de 16:00 a 21:30 h.)
 
Música
A programación das Feiras e Festas das Quendas tamén conta con actuacións das mellores orquestras galegas, así como coa celebración dun concerto estrela. A noite do venres estará amenizada pola orquestra La NuevaPhila na Alameda; o sábado a sesión vermú será ás 14:00 horas, coa orquestra Salsarena, que actuará tamén pola noite xunto á formación Montreal. Ás 22:00 horas do sábado será o concerto acústico de MikelErentxun no Auditorio Municipal Pascual Veiga (a venda anticipada de estradas en Abanca ten un custo de 14 euros e en taquilla de 18 euros). O domingo, a música virá da man da orquestra Principal.