Mondoñedo presentará o 2 de xullo o programa da XXV edición do Mercado Medieval. Será no transcurso dunha cea homenaxe contará coa actuación do Bruxo Queimán e Andrea Pousa.

Mondoñedo presentará o 2 de xullo o programa da XXV edición do Mercado Medieval. Será no transcurso dunha cea homenaxe contará coa actuación do Bruxo Queimán e Andrea Pousa.
 
O Concello de Mondoñedo celebrará o sábado 2 de xullo unha cea homenaxe na que presentará o programa da XXV edición do Mercado Medieval que este ano se levará a cabo do 12 ao 14 de agosto. A alcaldesa, ElenaCandia, apuntou que este acto pretende “ser unha homenaxe a todos os voluntarios e voluntarias do mercado e a todas as persoas que fixeron posible que esta festividade se puxera en marcha fai xa 25 anos e que logran que ano tras ano sexa un éxito”.
 
O ágape, que se celebrará no Seminario, contará coa actuación do actor Bruxo Queimán que explicará a todos os asistentes a historia da localidade mindoniense dende o Medievo recalcando a importancia desta vila. “Resaltando o valor histórico de Mondoñedo na Idade Media, tendo en conta que xa o nome da localidade significa en Latín ‘Medieval’. Tamén relatará como  no ano 1156 Alfonso VII de León lle concedeu a categoría de cidade”, puntualizou Candia. O evento estará amenizado pola impresionante voz de Andrea Pousa.
 
A alcaldesa destacou a importancia desta festividade que ano tras ano congrega a centos de visitantes. “O Mercado Medievalde Mondoñedo converteuse no mercado máis antigo da comarca e nun referente para todo o norte de España ao que acoden turistas de toda Galicia e que cada año aumenta o número de visitantes de comunidades veciñas como Asturias, fomentando o turismo de proximidade”, precisou.
 
Un Mercado con historia
Dende fai 25 anos o segundo fin de semana de agosto Mondoñedo transfórmase nunha cidade do medievo.A Praza da Catedral, así como as principais rúas da cidade énchense de postos onde os artesáns amosan aos asistentes como se traballaba na Idade Media.
 
Demostracións de oficios tradicionais, así como a ambientación de personaxes desa época e a degustación de produtos típicos da comarca e moitas máis actuaciónatraen cada ano a centos de turistas nunha cita xa consolidada no calendario da localidade mindoniense.